C1
Vehículos que se poden conducir
● Vehículos que superen os 3.500 Kg de masa máxima autorizada e non superen os 7.500 Kg de masa máxima autorizada.
● Tamén poderán transportar un remolque de ata 750 kg e transportar ata 8 pasaxeiros, ademais do condutor.
Idade
18 anos. É requisito imprescindible ter o permiso B para obter o permiso C1.
Proba teórica
Exame específico de camión, opción múltiple de 20 preguntas. Para superalo é necesario responder correctamente a 18 preguntas, é dicir, permítense un máximo de 2 fallos.
Proba práctica
É necesario superar unha proba de manobras, en circuíto pechado. A proba de manobra para obter a autorización consta de 2 manobras:
● Práctica en circuíto pechado. Deberanse realizar tres exercicios nos que o alumno deberá demostrar a capacidade de manobrar o camión en espazos reducidos.
- Manobra G. Marcha atrás recta e curva.
- Manobra I. Aparcamento e saída de liña.
- Manobra K. Aparcamento seguro para cargar ou descargar en rampla ou plataforma de carga.
● Práctica en circuíto aberto (proba de circulación). O alumno deberá demostrar destreza co vehículo en vías abertas ao tráfico durante un tempo estimado de entre 40-45 minutos, no bo control do camión, a adaptación ás normas de circulación e a velocidade e fluidez da circulación.